InicioEconomíaPSA Vigo suspende a quenda de noite deste domingo para axustarse á...

PSA Vigo suspende a quenda de noite deste domingo para axustarse á “evolución da demanda”

A empresa lembra que a demanda é "especialmente inestable" no actual contexto de pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo comunicou este xoves ao comité de persoal a decisión de suspender a quenda de noite do sistema 2 o domingo 8 de novembro, co fin de axustar a produción á demanda do mercado.

Segundo confirmaron fontes da empresa, a decisión de suspender esa quenda no sistema 2, que monta as furgonetas na planta viguesa, responde a “un axuste natural” segundo as “evolucións da demanda comercial”.

Así, a empresa lembrou que esa demanda é “especialmente inestable” no actual contexto de pandemia e, ante ese escenario, a fábrica actúa “cos mecanismos de flexibilidade habituais acordados coa maioría sindical, que permiten adecuar a apertura sen afectar o emprego”.

ÚLTIMAS

Ata oito nenos feridos nun accidente entre un bus escolar e un camión en Vigo

Polo menos oito persoas resultaron feridas leves na mañá deste venres ao rexistrarse un...

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...

Policías portugues patrullarán conxuntamente coa policía española no Nadal de Vigo

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago, deu a benvida aos dous axentes...

Desconvocada a concentración en Vigo do sector da perfumaría tras alcanzar preacordo sindicatos e patronal

Sindicatos desconvocaron a concentración prevista para este venres en Vigo no marco da folga...