InicioEconomíaQueres buscar emprego no futuro Centro Vialia da estación de Vigo-Urzáiz?

Queres buscar emprego no futuro Centro Vialia da estación de Vigo-Urzáiz?

O portal de emprego estréase cunha oferta para cubrir o posto de Responsable de Servizos Xerais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A inmobiliaria comercial Ceetrus, promotora do Centro Comercial Vialia da nova estación do AVE de Vigo-Urzáiz, activou unha plataforma dixital de emprego para a contratación de persoal para estas instalacións.

Así, en cooperación coa axencia viguesa People and Brand, e como mostra do seu “compromiso de traballar con empresas locais para activar a economía da zona”, Ceetrus puxo en marcha este sistema, que ofrece un servizo de xestión integral dos procesos de selección de persoal (desde a publicación da oferta ata a entrevista final do candidato ou candidata coa insignia do centro comercial).

A plataforma, cuxo acceso se fai a través da web do centro comercial (https://vialiavigo.com/), ponse ao servizo dos operadores do centro comercial e tamén dos cidadáns. Nesa plataforma, na que xa se recolleron máis de 3.000 currículos, publícanse as ofertas no ‘Portal de Emprego’. Os aspirantes poden darse de alta creándose un perfil de usuario, co que poderán acceder á bolsa de emprego e postularse para as ofertas compatibles co seu perfil laboral.

A inmobiliaria trasladou a súa disposición a “contribuír á creación de emprego en Vigo” e a “atopar o mellor perfil que se axuste a un proxecto tan grande como é o de Vialia Estación de Vigo”. A ese respecto, Ceetrus apuntou que esta plataforma dixital de emprego permite seleccionar aos profesionais “máis cualificados” para os distintos postos que se ofertan.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...