InicioPolíticaCaballero ve necesaria a presenza da FEMP na conferencia de presidentes para...

Caballero ve necesaria a presenza da FEMP na conferencia de presidentes para a reactivación económica

Segundo Abel Caballero, presidente da FEMP, esta presenza das entidades locais "ten unha lectura moi importante", e é que os municipios van "estar presentes nos fondos europeos" para a reconstrución postpandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, puxo en valor a presenza das entidades locais na próxima conferencia de presidentes do 26 de outubro, e reivindicou a capacidade dos concellos para contribuír á reactivación económica do país.

Así o trasladou nunha rolda de prensa na que subliñou a importancia de que os máis de 8.000 concellos de España estean representados nese encontro, no que tamén participará a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. “Isto é a primeira vez na historia que sucede”, proclamou.

Segundo Abel Caballero, esta presenza das entidades locais “ten unha lectura moi importante”, e é que os municipios van “estar presentes nos fondos europeos” para a reconstrución postpandemia.

O presidente da FEMP recalcou que a “eficacia” de “algúns concellos” para “investir na correcta dirección, xerar emprego na correcta dirección”, aumentar a produtividade, a eficiencia enerxética ou a “acción verde” sitúaos como “capaces de seguir reactivando a economía española”.

Por outra banda, Abel Caballero referiuse novamente á liberación de remanentes e á capacidade dos concellos de investir eses aforros, despois de que, en 2012, o goberno de Rajoy e Montoro incautouse “” deses remanentes. “Quero felicitar ao Goberno de España porque está a resolver un problema histórico”, proclamou.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...