InicioEconomíaA Xunta fala de colaboración cos axentes sociais logo de oito meses...

A Xunta fala de colaboración cos axentes sociais logo de oito meses de pandemia

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, insiste que o que a caída do PIB galego foi un 4% inferior á nacional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde apostou pola colaboración das administracións con axentes económicos e sociais e o tecido produtivo para afrontar a crise derivada da pandemia.

Durante unha reunión coa directiva do Círculo de Empresarios de Galicia celebrada este venres en Vigo, avogou por continuar o traballo desenvolvido en común para fortalecer a economía da comunidade.

Neste sentido, Conde chamou a traballar na identificación de “medidas que poidan permitir manter a senda de recuperación do emprego e a economía” e valorou as achegas trasladadas polo Círculo de Empresarios de Galicia a través do comité de expertos económicos.

Precisamente, o vicepresidente segundo explicou que se dará continuidade a esta colaboración a través da Comisión para a Reactivación Económica, que comezará o vindeiro xoves no Parlamento de Galicia. Así, apuntou que se buscará afrontar as consecuencias da crise sanitaria con anticipación e esperanza.

Francisco Conde tamén puxo en valor o esforzo levado a cabo nos últimos anos para modernizar e internacionalizar o tecido empresarial galego.

Así mesmo, Conde sinalou que o feito de que o paro e os traballadores acollidos en ERTE recupérense en Galicia a un maior ritmo que a media supón que a comunidade estea “máis preparada” para afrontalas consecuencias da pandemia.

Do mesmo xeito, destacou que a caída do PIB galego foi un 4% inferior á nacional e que Galicia foi a segunda comunidade na que máis creceron as exportacións en xullo.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...