InicioEconomíaO comité de Maderas Iglesias pide a intervención da Xunta para evitar...

O comité de Maderas Iglesias pide a intervención da Xunta para evitar a perda de 150 empregos

A empresa atravesa unha grave crise desde o estourido da burbulla inmobiliaria e, desde 2010, encadeou EREs, despedimentos, folgas, atrasos no pago a provedores e no pago de salarios.

PUBLICADO O

O comité de de Maderas Iglesias, firma de fabricación de tarima flotante situada no Porriño, urxiu este martes a implicación da Xunta de Galicia para buscar unha solución á grave crise que afecta á empresa desde hai anos, xa que está prevista a próxima poxa dos terreos da factoría e iso levaría á súa liquidación.

O persoal está a intensificar os contactos institucionais para tratar de buscar unha saída ‘in extremis’ e salvar os 148 postos de traballo dunha empresa que chegou a ser un provedor referente no sector da construción en toda España e que tivo en nómina a 800 traballadores.

O comité lembrou que esa saída pasaría por un acordo coas entidades financeiras acredoras ou pola chegada dun investidor, pero “non se pode perder máis tempo” porque o xulgado do Porriño prevé sacar a poxa os terreos da empresa proximamente.

Os representantes dos traballadores mantiveron contactos coas alcaldesas do Porriño, Mos e Salvaterra, e prevén reunirse en próximas horas co rexedor de Ponteareas (tamén teñen pendente un encontro con representantes do Igape), co fin de facer “unha fronte común” dos municipios de onde proceden os traballadores e lograr salvar os empregos.

Maderas Iglesias atravesa unha grave crise desde a ‘picada’ da burbulla inmobiliaria e, desde 2010, encadeou EREs, despedimentos, folgas, atrasos no pago a provedores e no pago de salarios, e unha infinidade de problemas.

Segundo lembraron os traballadores, a Xunta “comprometeuse” no seu día a axilizar unha posible solución, “pero pasa o tempo e todo segue igual”. “Agora estamos diante da última oportunidade, porque a poxa dos terreos sería o fin da empresa”, lamentaron desde o comité.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...