InicioEconomíaUnha empresa biofarmacéutica do Porriño producirá en Europa a vacina contra a...

Unha empresa biofarmacéutica do Porriño producirá en Europa a vacina contra a Covid-19 de Novavax

A galega Biofabri, do grupo Zendal, foi elixida pola compañía estadounidense.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo biofarmacéutico Zendal, a través da súa filial Biofabri, foi o elixido pola compañía americana Novavax para a produción industrial da súa vacina contra a Covid-19 na Unión Europea.

Así o recolle o acordo asinado entre as dúas empresas, Biofabri, integrada no grupo Zendal, e a estadounidense Novavax, contrato polo cal a compañía con sede no Porriño será a encargada para a Unión Europea da produción da vacina deseñada pola farmacéutica con sede en Meryland, cuxos ensaios clínicos se atopan actualmente na fase 2 e que se estima que inicien a fase 3 a finais do terceiro trimestre de 2020.

“Este acordo é a ratificación do noso esforzo permanente pola innovación e a nosa aposta pola excelencia en biotecnoloxía. Tamén desde Zendal queremos destacar o apoio mostrado polo Ministerio de Sanidade e a Axencia Española do Medicamento durante todo este proceso”, dixo o CEO do Grupo Zendal, Andrés Fernández.

Zendal é un grupo biofarmaceútico formado actualmente por 6 empresas, todas enmarcadas no sector da biotecnoloxía e vacinas para saúde humana e animal: CZ Vaccines, Biofabri, Vetia, Petia Animal Health, Zinereo Pharma e Probisearch. Actualmente, teñen varias liñas de traballo relacionadas co SARS-COV-2, desenvolvidas a través de dúas das súas filiais con desenvolvementos e produción no campo das vacinas de humana: CZ Vaccines e Biofabri.

Biofabri está especializada no desenvolvemento de novas vacinas para humanos, entre outras, MTBVAC, a novel vacina contra a tuberculose, actualmente en fase 2 de ensaios clínicos, empezará a fase 3 a principios do 2021.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...