InicioEconomíaRitz Carlton toma o control do estaleiro Barreras tras acordar a reestruturación...

Ritz Carlton toma o control do estaleiro Barreras tras acordar a reestruturación da empresa

A división de cruceiros de luxo de Ritz Carlton nomeou xa un equipo directivo provisional e, segundo avanzou, proximamente nomeará "novos directores experimentados procedentes da industria marítima".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estaleiro vigués Hijos de J. Barreras anunciou este mércores que o acordo de reestruturación faise efectivo e a naviera de Ritz Carlton, que exerce os dereitos de gobernación sobre o 75,5 % das accións, nomeou xa unha dirección provisional na empresa.

Segundo trasladou Cruise Yatch Yardco Ltd (CYYL), o plan de reestruturación ten luz verde definitiva tras a homologación do xulgado mercantil 3 de Pontevedra (o pasado mes de febreiro) e tras o acordo coa propietaria do buque Evrima, Cruise Yatch 1 Ltd; a banca acredora, liderada por Caixabank; o organismo público CESCE; e os propietarios do 75,5 % das accións do estaleiro (a petroleira mexicana Pemex e Albacora).

CYLL destacou a “vontade” da empresa dona do cruceiro de “aumentar o prezo de compra” do buque, actualmente en construción na bancada viguesa. Na mesma liña, lembrou que realizou “un considerable investimento adicional para facilitar a transferencia dos dereitos de gobernación sobre o 75,5% das accións de Pemex e Albacora”, aínda que non detallou a cantidade investida.

NOVA DIRECCIÓN

A división de cruceiros de luxo de Ritz Carlton nomeou xa un equipo directivo provisional e, segundo avanzou, proximamente nomeará “novos directores experimentados procedentes da industria marítima”. Así mesmo, engadiu, cando estea operativa a nova dirección do estaleiro, “engadiranse novos equipos de xerencia” para “garantir a finalización en prazo do Evrima, o cruceiro inaugural de Ritz-Carlton Yacht Collection, e desenvolver outros contratos viables para o estaleiro”.

Así mesmo, lembrou que a Xunta, a través do IGAPE, outorgou préstamos para o capital circulante destinados a mellorar a liquidez dos provedores locais.

“Esperamos traballar co equipo de Hijos de J. Barreras e os numerosos provedores de Galicia, doutras partes de España e do mundo mentres nos embarcamos nesta nova viaxe xuntos”, sinalou Douglas Prothero, CEO de Cruise Yacht 1 Limited e Cruise Yacht Yardco Ltd. “Estamos entusiasmados polo feito de poder avanzar cara ás etapas finais do Evrima e de crear novas oportunidades para todos”, engadiu.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...