InicioEconomíaCitroën celebra o 50 aniversario do GS do que se fabricaron máis...

Citroën celebra o 50 aniversario do GS do que se fabricaron máis de 100.000 unidades en Vigo

Ata 1986, Citroën fabricou máis de 2,4 millóns de unidades do GS e do GSA, das cales 153.983 unidades foron ensambladas nas súas instalacións de Vigo, xa que entre 1984 e 1986 producíase en exclusiva na cidade olívica

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía automobilística Citroën celebra este ano o 50 aniversario do seu modelo GS, o cal foi presentado no Salón Internacional do Automóbil de París de 1970 e alzouse co galardón de Coche do Ano en Europa en 1971. A firma produciu máis de 150.000 unidades deste vehículo na súa planta de Vigo.

Segundo recolle a marca nun comunicado, na década dos 60 Citroën lanzou dúas vías de estudo para conquistar un segmento que empezaba a crecer e no que estaba ausente, as berlinas de tamaño medio. Se o proxecto F nunca chegou a ver a luz, o proxecto G acabaría cristalizando no GS.

“Deseñado por Robert Opron, ‘pai’ doutros modelos como o SM ou o CX, o GS reforzou a imaxe de Citroën entre o gran público cunha liña e un interior orixinais asociados con solucións técnicas avanzadas, pensadas para optimizar o confort.

O seu deseño non tiña equivalente no mercado e chegaba con innovacións pouco frecuentes, como catro freos de disco, chasis de aliaxe lixeira ou a suspensión hidroneumática, que axudou a popularizalo en España”, subliñou a firma do Grupo PSA.

O seu motor de catro cilindros desenvolvía ata 60 cabalos de potencia e alcanzaba unha velocidade máxima de 150 quilómetros por hora. Entre outros galardóns, ademais de ser o Coche do Ano en Europa en 1971, foi o vehículo máis vendido en Francia entre 1975 e 1978.

Ata 1986, Citroën fabricou máis de 2,4 millóns de unidades do GS e do GSA, das cales 153.983 unidades foron ensambladas nas súas instalacións de Vigo, xa que entre 1984 e 1986 producíase en exclusiva na cidade olívica.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...