InicioEconomíaAsime valora a decisión da Audiencia Provincial sobre a concesión de Vulcano...

Asime valora a decisión da Audiencia Provincial sobre a concesión de Vulcano e espera que sirva “de lección”

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia criticara duramente a actitude do Porto de Vigo por recorrer o plan de liquidación do estaleiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) valorou o auto da Audiencia Provincial de Pontevedra sobre a concesión do dominio portuario do estaleiro Vulcano, e expresou a súa satisfacción porque o tribunal avale que a liquidación da empresa inclúa esa concesión.

A patronal do metal lembrou que defendeu “desde o primeiro momento” que a unidade produtiva do estaleiro debe liquidarse como un todo, para permitir a continuidade da actividade industrial (construción e reparación naval) nesas instalacións do barrio vigués de Teis.

Para Asime, que criticou duramente a actitude do Porto de Vigo por recorrer o plan de liquidación de Vulcano (ao pretender que a concesión retornase á Autoridade Portuaria), “é lamentable que tivese que ser a Audiencia Provincial a que lle ensinou a algúns representantes de institucións e organizacións cal é o camiño para defender a actividade industrial”.

Esta asociación empresarial expresou o seu desexo de que o auto xudicial “sirva de lección” a esas persoas e institucións, aínda que lamentou a “perda irreparable de tempo”.

Confiamos en que se depuren responsabilidades nos niveis respectivos, e que dunha ver por todas algúns representantes e algunhas institucións aprendan como se defende a actividade industrial e empresarial, e teñan unha visión, como mínimo a medio prazo, do que debe ser unha cidade e unha área industrial”.

Asime sinalou que, se se consegue que “se manteñan as ofertas” polas instalacións, poderase crear emprego no antigo estaleiro Vulcano, aínda que censurou a “falta de defensa do sector” a nivel institucional.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...