InicioEconomíaDenuncian por segunda vez unha ETT por suspensión de contratos e "abandono"...

Denuncian por segunda vez unha ETT por suspensión de contratos e “abandono” de traballadores

CC.OO. insistiu en que esta práctica das ETT supón un "intento de destrución de postos de traballo, camuflado nunha armazón de cláusulas e diferentes combinacións de leis e convenios, que puidesen parecer legais"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CC.OO. interpuxo unha segunda denuncia contra unha Empresa de Traballo Temporal, neste caso Randstad, ante a Inspección de Traballo de Vigo, tras constatar que, debido á onda de ERTEs que afectan á industria derivados da crise do coronavirus, esta ETT suspendeu decenas de contratos de traballadores, fundamentalmente, do sector da automoción.

Segundo trasladou CC.OO. Industria, do mesmo xeito que xa fixera Adecco, Randstad acolleuse a unha “cláusula abusiva” e “ilegal” para suspender os contratos de operarios que prestaban servizo en empresas como Faurecia, Magna ou Aludec.

Deste xeito, lembrou o sindicato, eses traballadores quedan “sen emprego, sen soldo e sen dereito a paro”, “abandonados sen cobertura de ningún tipo”, xa que o contrato queda en suspenso pero seguen vinculados á ETT. Ademais, este colectivo tampouco pode acollerse aos ERTE das respectivas empresas.

CC.OO. insistiu en que esta práctica das ETT supón un “intento de destrución de postos de traballo, camuflado nunha armazón de cláusulas e diferentes combinacións de leis e convenios, que puidesen parecer legais” pero que incumpren a lei 14/1994 pola que se regulan as ETTs e Real Decreto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Segundo estudos elaborados por esta central, en Galicia hai máis de 15.500 traballadores de ETT, dos que máis de 4.500 están na provincia de Pontevedra (a metade na automoción).

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...