InicioEconomíaOcultou Unísono casos de coronavirus antes das medidas do Goberno?

Ocultou Unísono casos de coronavirus antes das medidas do Goberno?

A empresa de telemárketing Unisono aproveita a actual situación para a rescisión de contratos para case 200 traballadores e traballadoras. O persoal propio recibiu computadores para teletraballar logo de que presionaran para mellorar as medidas de seguridade. Algunhas testemuñas apuntan que sospeitaban de casos de coronavirus antes da actual corentena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unisono ofrece os seus servizos entre outros a ING, Iberdrola e outras grandes empresas que, segundo os e as traballadoras, “son os que mandan”. En total son tres centros de traballo en Vigo denominados Vigo 1, Vigo 2 e Vigo 3. En total, case dúas mil persoas para todo o grupo sumando contratos propios da empresa e contratacións temporais por ETT. Estes últimos son os primeiros en sufrir as consencuencias da actual crise por térenlles rescindido os contratos a comezos de semana.

O día 13 de marzo enviaron unha enquisa para saber quen querería teletraballar” di Beatriz, empregada de Unisono. “Os primeiros días a cousa foi normal, mesmo a empresa enviara un email dicindo que estaban atentos e que as medidas que tomaban eran todas legais”. Entre esas medidas estaría a distancia de 1.30 metros para evitar contaxios. Isto non era así.

“Estabamos todas e todos apertados, mesmo había xente que traballaba de pé ata que alguén marchaba para coller o seu sitio” comenta Manuel. Esta situación de sobrecarga de traballadores pareceu ter “solución” cando Unisono decidiu prescindir de 191 traballadores contratados por ETT.

“O meu contrato acababa o venres día 20 de marzo, mais a ETT avisoume que non fose traballar porque xa rescindiran a miña contratadión”. O que o di é Brais, unha persoa que non quere dar o seu verdadeiro nome. Aínda así, foi ás instalacións de Unisono como facía sempre e alí lle confirmaron o despedimento.

SOSPEITAS DE POSITIVOS

As condicións laborais non eran nada cómodas segundo os testemuños recollidos. Os corredores estreitos, distancias de menos de 60 centímetros, uso dos mesmos auriculares por varias persoas e nulas medidas de seguridade ata o decreto de alarma.

“As distancias comezaron a respetarse cando despediron aos de ETT, tamén porque houbo xente que aceptou o teletraballo, mais quen non ten internet en casa ten que vir ao local” sinala Manuel. O reparto de material individual como os auriculares por parte da empresa, comezou esta mesma semana. “Temos que asinar un documento polo que nos facemos responsables do material que nos entregan e tamén de telo desinfectado”.

Por outra parte, a confirmación do primeiro caso de contaxio por cornavirus deuse a mañá deste mércores 18. Ante o estado de incerteza e falta de seguridade que denunciaban os sindicatos, a empresa decidiu pechar os lugares de reunión dentro dos locais. As máquinas de venda de produtos como auga e refrescos foron baleiradas, comentan desde UGT Unisono. “Antes deste primeiro caso de contaxio un rapaz fora ao médico facer unhas probas porque lle doía moito a cabeza, non soubemos máis del e xa hai unha semana”, sinala Beatriz.

CESAMENTO DE ACTIVIDADE

Os e as traballadoras agora mesmo non poden estar nos locais comúns, só se pode acceder ao baño. “Nin siquera podes saír fóra botar un cigarro, non pode haber máis de dous fóra, porque a policía vén a indicarnos que non podemos estar aí xuntos” sinala Manuel. A falta de información e a resposta tardía da empresa, que repartiu xel e puxo unha persoa limpando con lixivia, está creando situacións de ansiedade entre o persoal.

A isto hai que unirlle a intención dalgúns sindicatos, como a CIG, de presentar un escrito diante da Inspección de Traballo para o cesamento da actividade. Dito documento foi presentado hoxe e a resposta, negativa ou afirmativa de Inspección, coñecerase mañá.

Ata o de agora, o persoal que decidiu teletraballar recibiu o material, mais algúns aínda esperan as claves para poder acceder aos programas informáticos. Houbo tamén aceptou a proposta da empresa para poder conciliar traballo e familia.

De momento Unisono está esperando que a Inspección de Traballo se pronuncie sobre a súa actividade. Doutra parte, os traballadores acusan á empresa de non parar a actividade por presións das grandes compañías que contrataron os seus servizos. “Non sei se en Madrid teñen idea do que está a pasar en Vigo” sinala finalmente Brais.

ÚLTIMAS

Caballero acusa ao PP de Vigo e de Mos de actuar “coordinados” para oporse ao novo tramo da A-55, no túnel ao Porriño

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este martes ao PP de Vigo e ao...

Pídenlle 3 anos de cárcere por atropelar a outro en Vigo e deixalo en estado vexetativo mentres conducía drogado

Un condutor de 51 anos enfróntase a 3 anos de cárcere e á perda...

O BNG critica o “oscurantismo” na tramitación do PXOM de Vigo

O grupo municipal do BNG de Vigo volveu a denunciar este martes a "total...

Trasladada á unidade de grandes queimados do CHUAC a septuaxenaria atacada polo seu fillo en Mos na noite de Reis

A muller de 70 anos de idade, veciña de Mos, que foi supostamente agredida...