InicioEconomíaComeza a obra e humanización da Rolda de Don Bosco

Comeza a obra e humanización da Rolda de Don Bosco

A obra enmárcase no proxecto de humanización que abarca 5.600 metros cadrados e que ascende a un millón e medio de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxeron a simbólica primeira pedra das obras que mudarán a faciana da Rolda de Don Bosco.

A obra enmárcase no proxecto de humanización que abarca 5.600 metros cadrados e que ascende a un millón e medio de euros cofinanciados polo Concello e a Deputación. Ademais, inclúe a peonalización de María Auxiliadora e en dez meses a reordenación do tráfico e a limitación de velocidade para vehículos a dez quilómetros hora.

O proxecto inclúe ademais a substitución e mellora dos servizos desde o abastecemento á iluminación e a conservación dos elementos patrimoniais e tamén as árbores xa existentes.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...