InicioEconomíaO Porto de Vigo confirma que podería outorgar os valiosos terreos de...

O Porto de Vigo confirma que podería outorgar os valiosos terreos de Vulcano a unha empresa “de relevancia económica”

Remarca que "sempre hai solución" para un "proxecto relevante e de importancia económica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Vigo sinalou que os terreos de Vulcano poderían outorgarse a outra empresa mediante a convocatoria dun concurso aínda que se extinguise a concesión. Así se pronunciou nun comunicado despois de que Vicalsa presentase unha memoria para adquirir as instalacións. A ese respecto, apuntou que a empresa de calderería e reparación instou o Porto a determinar en que condicións podería optar á concesión a semana pasada, aínda que remarcou que non presentou o seu proxecto para as instalacións no rexistro do Porto ata este martes.

Por este motivo, acusou a Vicalsa de “tentar simular” que entregara “con anterioridade” o documento, que segundo avanzou, tramitarase segundo a lexislación vixente. A Autoridade Portuaria tamén resaltou que o plan de negocio da empresa “parece estar condicionado a unha prórroga da concesión” dos terreos que ocupaba o estaleiro, pero apuntou que esta que non se pode outorgar dada a súa extinción sen un ditame do Consello de Estado.

No entanto, o Porto remarcou que “sempre hai solución” para un “proxecto relevante e de importancia económica”, aínda que subliñou que será preciso esperar á resolución do Consello de Estado para determinar as “vías oportunas”.

Así, detallou que, no caso de que concesión interesada estea extinguida, os proxectos presentados para adquirila “teñen que estar suxeitos” ao Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante. En concreto, esta normativa regula a convocatoria de concursos para outorgar os espazos dos portos.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...