InicioEconomíaAdvirten da utilización dos terreos de Vulcano para a especulación empresarial

Advirten da utilización dos terreos de Vulcano para a especulación empresarial

Asime advirte ao Porto de Vitgo de que sería "imperdoable" destinar a concesión de Vulcano a usos distintos do naval.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, Asime, reclamou ao Porto de Vigo que manteña a concesión administrativa das instalacións do estaleiro Vulcano (en proceso de liquidación) para actividades de construción ou reparación naval, e advertiu de que “sería imperdoable” recuperar a concesión para outros usos.

Así o trasladou a patronal do metal a través dun comunicado, tras coñecerse que, no proceso de liquidación do estaleiro de Teis, o Porto pediu ao xulgado recuperar eses terreos (a concesión administrativa expira en 2027). A ese respecto, Asime lembrou que o propio presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga trasladara que facilitaría a instalación dun proxecto de construción naval neses terreos.

Esta asociación lembrou que hai grupos empresariais vinculados a este sector interesados en instalarse nesa concesión, e pediu ao Porto que actúe “con responsabilidade” para favorecer o mantemento da actividade industrial. “Confiamos en que se proceda a retirar o recurso que nunca debeu presentarse e se poida transmitir a unidade produtiva para que as instalacións teñan o valor necesario e indispensable para conseguir un investimento industrial para construción e reparación naval”, apuntaron desde Asime.

Segundo incidiu esta organización, as administracións públicas “non poden permitir que se bloqueen opcións de investimento en construción naval para estas instalacións”, e lembrou que esas iniciativas poden xerar “máis de 500 empregos directos e máis de 300 indirectos, mantendo unha carga de traballo razoable”.

A ese respecto, Asime subliñou que “a única maneira” de facilitar eses proxectos é “manter a concesión”, e advertiu de que non aceptará “actuacións que reduzan a capacidade naval e marítima de Galicia”. “Estamos ante unha posible decisión histórica que podería causar un dano irreparable a unha das actividades estratéxicas de Galicia”, denunciaron.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...