InicioEconomíaMarea de Vigo critica que o regulamento municipal de transporte "consagra a...

Marea de Vigo critica que o regulamento municipal de transporte “consagra a súa explotación privada”

Marea de Vigo presentou 26 emendas ao regulamento de transporte do Concello olívico, por considerar que o proxecto presentado polo goberno local "consagra a explotación privada do servizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo presentou 26 emendas ao regulamento de transporte do Concello olívico, por considerar que o proxecto presentado polo goberno local “consagra a explotación privada do servizo”.

Así o trasladou o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen lamentou que o documento xa contempla os dereitos e deberes da empresa concesionaria, de modo que dá por feito que o servizo vai ser prestado por unha empresa privada “si ou si”, o que dificulta un eventual camiño cara á remunicipalización do servizo.

Marea de Vigo xa presentou, no período de consulta previa, unha proposta completa de regulamento, pero “só foi tomada en conta parcialmente”, polo que agora, unha vez resoltas as contestacións a particulares e colectivos que presentaron alegacións, traslada as propostas que non foron atendidas en forma de emendas.

Este grupo defendeu a súa “proposta construtiva”, que regula diferentes aspectos do transporte, como o ámbito de aplicación, os dereitos e deberes dos usuarios e empregados, o establecemento de paradas, os distintos tipos de billetes, ou a posta en marcha dunha Oficina de Atención á Cidadanía. Tamén inclúe conceptos novos, como o abono para desempregados.

ÚLTIMAS

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...

Intervidos no porto de Vigo tres colectores con 60.000 bolsos falsificados destinados a unha empresa portuguesa

Axentes do servizo fiscal da Garda Civil de Pontevedra e funcionarios de Aduanas incautáronse...

A Xunta insiste en que Vigo non informou de anomalías a pesar de ser responsable de operar as válvulas de Eiras

A Xunta de Galicia insistiu este xoves en que nin o Concello de Vigo...

Aberta unha investigación sobre supostas irregularidades na xestión do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas

A Fiscalía da área de Vigo abriu unha investigación sobre supostas irregularidades na xestión...