InicioEconomía"Hai que preparase" para o "drástico" cambio dos riscos laborais

“Hai que preparase” para o “drástico” cambio dos riscos laborais

Vigo acolleu o III Congreso de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este venres finalizou en Vigo o III Congreso de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0, que reuniu a máis de 300 participantes durante dous días na sede de Afundación, e ao cal acudiu o presidente da Fundación Internacional ORP (Prevención de Riscos Laborais, polas súas siglas en inglés), Hans-Hosrt Konkolewsky, quen afirmou que “nos próximos 15 ou 20 anos o mercado laboral e a produción vai cambiar de forma drástica”, o que implicará á súa vez un cambio dos riscos laborais, polo que “hai que prepararse para iso”.

Pola súa banda, o especialista en ciberseguridade, David Marco, da empresa Accenture, explicou que “non se pode pensar hoxe en día no que é unha industria se non se ten en conta a ciberseguridade e esta únese á parte de seguridade das persoas”.

Sobre a responsabilidade penal na prevención de riscos laborais 4.0, a fiscal Marta Durántez explicou que “non hai lexislación penal específica, nin lla espera, que contemple os novos avances dixitais e tecnolóxicos na contorna laboral”.

O Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0 estivo organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), co patrocinio e a colaboración do Concello de Vigo, GTG Enxeñeiros, Cíes Atlántico e o Consello Xeral de Profesionais de Seguridade e Saúde no traballo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...