InicioEconomíaO aeroporto de Vigo rexistra unha baixada do 17% fronte a Coruña...

O aeroporto de Vigo rexistra unha baixada do 17% fronte a Coruña e Santiago

No que vai de ano, o aeroporto de Peinador contou con 873.124 usuarios no que vai de ano, o que supón un 9,3% menos que entre xaneiro e outubro de 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aeroportos de Santiago (+7,4%) e A Coruña (+12,8%) creceron en pasaxeiros en outubro en comparación co mesmo mes de 2018, mentres o de Vigo rexistrou unha caída do 17% neste período, segundo os datos publicados este martes por Aena.

Así, os viaxeiros na terminal de Peinador caeron ata 88.633. Aquí os voos descenderon ata 958, o que supón un 13,5% menos que un ano antes, a maioría deles operacións nacionais. Houbo tamén 51,7 toneladas de mercadoría.

No que vai de ano, o aeroporto de Peinador contou con 873.124 usuarios no que vai de ano, o que supón un 9,3% menos que entre xaneiro e outubro de 2018.

Pola súa banda, o aeroporto da Coruña contou con 124.833 pasaxeiros en outubro, un 12,8% máis que no décimo mes de 2018. Foron 1.487 voos, dos cales 968 tratábanse de comerciais (+8,2%). O tráfico de mercadorías movido foi de 10,9 toneladas.

No que vai de ano, a terminal de Alvedro conta con 1.143.822 pasaxeiros, un 11% máis que no dez primeiros meses de 2018, un 11% máis.

No tocante a Lavacolla, aumentaron os pasaxeiros en outubro ata un total de 263.999, un 7,4% máis. Aquí a terminal de carga manexou 315,2 toneladas (+17,6%).

No que vai de ano, 2.492.956 viaxeiros pasaron polos aeroportos de Lavacolla, un 6,6% máis que entre xaneiro e outubro. Neste período houbo 19.302 voos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...