InicioEconomíaMarea de Vigo pide ás administracións medidas "legais, económicas e políticas" en...

Marea de Vigo pide ás administracións medidas “legais, económicas e políticas” en apoio ao sector naval

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo levará ao pleno deste mércores unha moción instando as administracións a tomar medidas “legais, económicas e políticas” en apoio ao sector naval da comarca da cidade olívica debido á “situación de gravidade” na que se atopa.

O grupo político insistiu na súa pretensión de que tanto o Goberno central e local como a Xunta, segundo as súas competencias, “asuman o papel de defensa dunha actividade que leva xeracións sendo un motor importante da cidade e de centos de familias traballadores”.

Marea de Vigo instará o Concello de Vigo a convocar “con urxencia” o Consello Económico e Social da cidade co obxectivo de liderar e organizar unha mobilización cidadá polo futuro do sector naval, e en especial por Vulcano e Barreras, e pedirá blindar o uso industrial dos terreos que ocupan actualmente estes estaleiros “evitando usos diferentes ou mesmo especulativos no futuro Plan Xeral de Ordenación Urbana”.

No ámbito galego, a moción insta á Xunta, entre outras cousas, a asumir o seu papel como “instrumento dinamizador” da industria naval, “especialmente no papel de avalista e financiador de buques”.

Pola súa banda, a agrupación política solicita ao Goberno de Pedro Sánchez a “reformular o instrumento público-privado Pymar (Pequenos e Medianos Estaleiros Sociedade de Reconversión)”, para recuperar un mecanismo 100% público “que permita financiar o sector naval previa declaración de sector económico estratéxico”.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...