InicioEconomíaO Parlamento galego demanda que Goberno central fixe unha "axenda sectorial" para...

O Parlamento galego demanda que Goberno central fixe unha “axenda sectorial” para a automoción

Fai un chamado para "incentivar a substitución de vehículos de máis de dez anos, fomentando o seu cambio por vehículos novos de baixas emisións".

PUBLICADO O

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei defendida polo Partido Popular a través da que se demanda ao Goberno central impulsar a execución dunha “axenda sectorial” da industria da automoción, co obxectivo de promover un sector competitivo.

Segundo o acordo, aprobado na Comisión 6ª co sete votos a favor do PP, o Parlamento galego insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para “impulsar, a través da colaboración público-privada, a execución da axenda sectorial da industria da automoción que ten como obxectivo promover un sector competitivo, sustentable e que desenvolva tecnoloxías de propulsión baixas en emisións e vehículos propulsados con enerxías alternativas”.

“Nesta execución Galicia debe ter unha participación, como mínimo, nunha porcentaxe similar á súa contribución á capacidade produtiva do Estado”, matiza o acordo. Tamén o acordo aposta por que “non se restrinxa ningunha tecnoloxía, de modo directo ou indirecto, especialmente as relacionadas co diesel nin se xere incerteza innecesaria na cidadanía, porque afecta negativamente o mercado, aos investimentos, ao emprego directo e indirecto do sector”.

Insta, ademais, a “incentivar a substitución de vehículos de máis de dez anos, fomentando o seu cambio por vehículos novos de baixas emisións”. A iso, suma a petición de “non incrementar a fiscalidade sobre o diesel” en tanto que se está ante “un momento de desaceleración na compra de vehículos e polo especial impacto que tería o anuncio feito polo Goberno central na economía de familias e a competitividade das empresas galegas”.

“PERSPECTIVA CLARA DE FUTURO”

O deputado do PP Moisés Rodríguez Pérez, que defendeu a proposición non de lei, manifestou que o sector da automoción en Galicia “ten unha perspectiva clara de futuro, tanto a curto como a longo prazo”. Nesta liña, destacou o parlamentario popular que esta industria galega “é unhas referente grazas ao traballo compartido e a unión de esforzos entre empresas, traballadores o centro tecnolóxico e a propia Xunta de Galicia”.

Por iso, lamentou que os anuncios do Goberno central e os seus “diferentes cambios de opinión” xeran “unha gran inestabilidade no sector, tal e como se reflicte na caída das vendas desde setembro de 2018”. “Galicia debe ter nesta axenda sectorial da industria da automoción unha participación, como mínimo, nunha porcentaxe similar á súa contribución á capacidade produtiva do Estado”, concluíu.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...