InicioSociedadeA especulación planea sobre o futuro de Povisa, o gran hospital privado...

A especulación planea sobre o futuro de Povisa, o gran hospital privado de Vigo

Que hai detrás das negociacións para a venda de Povisa, un hospital que recibe cuantiosas axudas da Xunta por ser un centro concertado?.Ningunha das partes confirma a operación. Xunta e Consellería de Sanidade piden manter os postos de traballo e a calidade asistencial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A noticia caía como unha bomba. O Grupo Nosa Terra 21, propietario do policlínico POVISA de Vigo, estaría negociando a posible venda ao grupo Ribera Salud. Os traballadores non sabían nada. Así se desprede das conversas de Galicia Confidencial co comité de empresa.

As noticias máis recentes sinalan que xa pode existir acordo para a venda, que esta se pode materializar en horas ou días. Mais, por que Nosa Terra 21 vende Povisa? Existen motivos para deixar unha clínica que dá cobertura sanitaria a Vigo e comarca? Lembrar que hai case un ano este centro concertado coa Xunta de Galicia, recibía novas axudas do goberno galego. Aínda máis, o Sergas acordaba coa dirección da empresa a subministración de medicación ambulatoria para pacientes externos.

Concentración por unha solución para os traballadores de POVISA/ CIG

NOTICIAS SEN CONFIRMAR

O caso é que o nerviosismo ou polo menos a incerteza parece pairar sobre os e as traballadoras. Máis aínda cando o domingo se coñece pola prensa a existencia das negociacións entre Grupo Nosa Terra 21 e Ribera Salud. Para o outro día, luns 30, durante unha reunión entre comité de empresa e membros da dirección do hospital “din que a cuestión estaba pendente de Competencia, e ata o visto e prace aínda podería tardar, iso quere dicir que a venda era un feito de non ser que pasara algo no último momento” di Chus Neira da CIG.

“Agora mesmo estamos nunha situación de incerteza e de nervios, porque non sabemos nada da empresa que quere comprar” di Xurxo Cadral de CCOO. O representante sindical reafírmase en que a dirección do centro “nunca nos dixo nada sobre as negociacións, ningún directivo dixo nada e o conselleiro delegado foi preguntado hai poucos días se Povisa estaba en venda, a resposta foi non, mais que se sabiamos de alguén que lle puidese facer unha oferta, el escoitaba”.

Nalgunhas seccións do hospital concertado houbo reunións entre xefes de sección e traballadores, segundo informa Neira. “Algún dos xefes xa dicía que Povisa ía ser vendida a Ribera Salud, unha empresa que á súa vez, dependía dunha empresa norteamericana de moito prestixio e que estariamos ben”.

Durante a reunión do pasado luns non asistiu o conselleiro delegado, aí o comité de empresa pide outra reunión para cando si estea. Os membros da dirección presentes dixeron que se convocaría unha nova xuntanza para cando todo estivese asinado e arranxado o proceso de venda. Os representantes dos e das traballadoras xa pediron tamén xuntanzas cos grupos parlamentares, coa Xunta e Consellería de Sanidade e Sergas, pola parte de capital público que ten Povisa.

Desde Povisa só confirman a existencia de conversas, non confirman a venda do hospital. Apuntan ademais que comunicaran á Xunta estaren en conversas con Ribera Salud. Sobre os motivos que levan a negociar coa empresa valenciana, tampouco se pronuncian, mais que si seguen coas conversas e que non se anuniciará nada ata que todo estea asinado.

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade anunciaba o pasado luns día 30 a reunión d conselleiro Vázquez Almuíña e o equipo directivo do Sergas. No comunicado posterior á reunión, a Consellería transmitía que “en caso de que as negociacións frutifiquen cun cambio de titularidade na propiedade do centro hospitalario, se garantan tanto a calidade asistencial na área sanitaria como o mantemento dos postos de traballo, tal e como se recolle nos acordos do Sergas cos actuais propietarios”. O departamento que dirixe Almuíña declaraba ademais ter o compromiso das dúas empresas de manteren os postos de traballo e a calidade asistencial.

Povisa/ Miguel Núñez

FUTURO

As intencións detrás da operación entre Nosa Terra 21 e Ribera Salud son descoñecidas. Non obstante, Galicia Confidencial púxose en contacto con Terra Nosa e non houbo resposta polo de agora. As motivacións poden ir desde “que queren traballar só no mundo da construción naval mais non chegamos a entender o por que” di Xurxo Cadral.

“A Xunta sabe o da venda, entón terá que dicir que sucederá a partir do 2022 cando remate o concerto, se continuarán as prórrogas, se vai manter o persoal, porque de palabra din que van manter persoal e condicións” di Chus Neira. Aínda así a idea entre o persoal de Povisa é que as cousas, durante uns primeiros momentos estarán da mesma maneira que agora.

En tal caso, se Ribera Salud se fai cargo de Povisa, herdará a negociación do convenio laboral que leva dez anos conxelado. As negociacións segundo o comité de empresa estanse facendo con Mediación, mentres as negociacións de compra-venda seguen. Povisa insiste en que non vai pronunciarse ata o seu debido momento sobre a posible subrogación de traballadores.

A asunción das prórrogas logo de 2022, considérase necesaria polos traballadores, como ven necesaria unha negociación para un novo concerto “por dous motivos, porque non hai onde meter os pacientes e outra que somos 1.500 traballadores e que ademais vive do diñeiro público, aínda que teña un pouco na sanidade privada” di Xurxo Cadral.

Un posible peche de Povisa a medio ou longro prazo para o comité de empresa é “complexo”. Basicamente desde CC OO apuntan que nin o Hospital Meixoeiro nin o Álvaro Cunqueiro poderían asumir os pacientes de Povisa. Se se dese o caso de peche “o Meixoeiro tería que volver ser un hospital xeral, con todo que significa” e o Álvaro Cunqueiro debería ser ampliado. Ademais diso habería que refacer toda a estrutura sanitaria da área de Vigo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...