InicioEconomíaA AP-9, unha mina de ouro para Audasa

A AP-9, unha mina de ouro para Audasa

A concesionaria da auestrada ingresa un 2,4% máis en 2018 polas peaxes. Logra o seu máximo tráfico desde 2011 e factura 144 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

concesionaria da autoestrada AP-9 alcanzou en 2018 o seu mellor dato de tráfico en sete anos e sumou o seu quinto ano consecutivo de crecemento, aínda que aínda está un 15% por baixo da marca histórica de 2007.

En concreto, Audasa (Autoestradas da Atlántico S.A.), do grupo Itínere, que xestiona outras autoestradas en España, experimentou un incremento do tráfico da AP-9 do 1,9% en relación con 2017 e acumula un aumento do 16% no últimos seis anos.

Os resultados da compañía foron presentados este martes á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). A concesionaria da autoestrada AP-9 xestiona 219,6 quilómetros cunha intensidade media diaria de tráfico de 21.202 vehículos en 2018, entre Tui (fronteira con Portugal) e Ferrol.

incremento da intensidade media diaria constata, a xuízo da concesionaria, “o cambio de ciclo económico”, aínda que recoñece que o número de vehículos aínda non recuperou os niveis precrisis de 2007 e 2008. A marca de tráfico anual na autoestrada do Atlántico está rexistrado en 2007, cunha intensidade de 24.902, un 14,8% superior á contabilizada en 2018.

Autoestradas do Atlántico presenta no último exercicio uns ingresos de 144 millóns de euros (+2,4%) e un beneficio neto de 40,7 millóns (-7,4%). A redución do beneficio prodúcese, segundo explica, polo aumento das amortizacións polo investimento de 281 millóns de euros realizada para a ampliación da AP-9 nos accesos a Vigo (incluída a ampliación da ponte de Rande) e da circunvalación de Santiago de Compostela.

PEAXES

A peaxe media da AP-9 situouse en 2018 en 0,1242 euros por quilómetro, asegura que “lixeiramente por baixo da media española de autoestradas estatais (0,1244 euros/km)”. De acordo cos datos da concesionaria, o 92% do tráfico da AP-9 son vehículos lixeiros cunha peaxe de 0,1087 euros/km, “tamén por baixo da media española en 2018 (0,1144)”.

“Tras varios anos con prezos por baixo da media estatal, a previsión da compañía para 2019 é situarse na media española en tarifas de peaxe”, indica.

INGRESOS

Dos 144,1 millóns de euros en ingresos por peaxe, un 75% proceden de medios de pago electrónico e só un 21% de tarifa abonada en efectivo. O maior crecemento rexístrase no pago con dispositivos de telepeaxe, cunha penetración do 57% e un crecemento do 9,2% en 2018. O pago con cartóns aumenta nun 5,8%, mentres que o pago en efectivo redúcese nun 8,1%.

Mentres, Audasa sinala que a maior caída de ingresos (-28,4%) prodúcese na partida de peaxe en sombra (tramos Vigo-O Morrazo e A Coruña A Barcala) e atribúeo á redución da achega da administración que recorreu xudicialmente.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...