InicioEconomíaDenuncian un "pelotazo" urbanístico promovido polo Concello en Alcabre en favor do...

Denuncian un “pelotazo” urbanístico promovido polo Concello en Alcabre en favor do Corte Inglés

Marea Vigo critica que se iniciou a demolición de Barrio do Cura sen comprobar que hai veciños censados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este xoves un “pelotazo” urbanístico promovido desde o goberno local de Abel Caballero para beneficiar ao Corte Inglés, coa inclusión dun ámbito na ordenación provisional, no que se prevé a construción dun centro propiedade do holding francés Leroy Merlín.

Sin embargo, Marea de Vigo considera “irregular” la actuación del Ayuntamiento, al entender que “primero se plantean necesidades privadas y luego se ponen los mecanismos públicos para llevarlas adelante”, con lo que “se bordea la legalidad”. A ese respecto, ha recordado que en ese ámbito se prevé la construcción de un centro del holding francés dueño de marcas de bricolaje y decoración, en una parcela propiedad de El Corte Inglés, “que está en pleno proceso de deshacerse de sus activos”.

Segundo explicou o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, o goberno municipal pretende que esa área, o ámbito Cruceiro na zona de Alcabre, se poiuda desenvolver ao amparo da ordenación provisional para uso terciario.

O edil sinalou que a concellaría de Urbanismo xustifica o interese público dese desenvolvemento porque ten zona verde e por el pasa o carril-bici ata Samil, ademais de que se elimina o uso residencial.

Con todo, Marea de Vigo considera “irregular” a actuación do Concello, ao entender que “primeiro se expoñen necesidades privadas e logo ponse os mecanismos públicos para levalas adiante”, co que “se bordea a legalidade”. A ese respecto, lembrou que nese ámbito se prevé a construción dun centro da marca Leroy Merlín, nunha parcela propiedade do Corte Inglés, “que está en pleno proceso de desfacerse dos seus activos”.

Por outra banda, Rubén Pérez advertiu de que a ordenación provisional é un mecanismo previsto para ámbitos de chan urbano consolidado que quedasen ‘a medio desenvolver’ tras a caída do Plan Xeral de 2008. “Isto non se xustifica, non hai interese público, senón un interese privado especulativo porque ese é un ámbito de chan urbano non consolidado”, denunciou.

Finalmente, lembrou que “agora a pelota está no tellado da Xunta”, que é a administración que debe autorizar a inclusión dese ámbito na ordenación provisional. “Esperamos que non permita este pelotazo, o de adaptar o urbanismo a un interese privado”, afirmou, á vez que incidiu en que os promotores privados “terán que esperar, como levan esperando o resto de cidadáns desde hai case 4 anos, a que haxa un novo Plan Xeral”.

BARRIO DO CURA

Por outra banda, o portavoz de Marea de Vigo referiuse tamén aos traballos de demolición dos inmobles que conforman o ámbito do Barrio do Cura, e expresou a súa “sorpresa” tras constatar que, entre as casas que van ser derrubadas, hai unha vivenda ocupada por unha parella “que está censada alí”.

Rubén Pérez advertiu de que se iniciaron as operacións de demolición sen ter en conta a presenza destes veciños, que non só están censados, senón que fixeron obras de rehabilitación con licenza municipal, polo que o Concello debía saber que había casas habitadas.

A ese respecto, o portavoz de Marea sinalou que os obreiros xa tapiaron un dos accesos á vivenda, e denunciou que os afectados, ambos cunha incapacidade recoñecida, presentáronse nos servizos sociais municipais en busca dunha solución. “E alí dinlles que non poden facer nada”, indicou.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana...