InicioEconomíaA Xunta inicia as obras das últimas 43 vivendas do polígono 1...

A Xunta inicia as obras das últimas 43 vivendas do polígono 1 de Navia cun investimento de máis de 7 millóns

Os pisos, de entre un e catro dormitorios, venderanse por cupos, cun 30% reservado para persoas de 35 a 45 anos con menores ou dependentes ao seu cargo e outro 25% para menores de 36 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta iniciou este venres a construción das últimas 43 vivendas previstas no polígono 1 da ampliación do barrio vigués de Navia, unha actuación que supera os 7 millóns de euros de investimento e coa que se completa o inicio das promocións programadas neste ámbito. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou da posta en marcha dos traballos durante unha visita á zona.

O inicio destas obras prodúcese apenas dous días despois de que a Administración autonómica puxese en marcha a primeira promoción do polígono 2 de Navia, formada por 172 vivendas públicas e cun investimento de 37,2 millóns de euros. Deste xeito, os traballos de edificación avanzan de maneira simultánea nos dous ámbitos da ampliación do barrio.

Coa nova promoción, o polígono 1 alcanzará as 352 vivendas previstas nas diferentes actuacións impulsadas pola Xunta. Allegue destacou que os 43 novos pisos contarán con medidas específicas de illamento térmico e acústico e definiunos como vivendas de “calidade excepcional”, características que, segundo explicou, permitirán mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir o gasto dos futuros residentes.

RESERVAS PARA MENORES DE 36 ANOS E FAMILIAS CON PERSOAS AO SEU CARGO

As vivendas terán entre un e catro dormitorios e, neste caso, non se destinarán ao alugueiro, senón que serán adxudicadas en réxime de compravenda mediante diferentes cupos en función das circunstancias das persoas solicitantes.

En concreto, o 30% dos pisos reservarase para persoas de entre 35 e 45 anos que teñan fillos ou persoas dependentes ao seu cargo, mentres que outro 25% quedará destinado a menores de 36 anos. O resto distribuirase segundo os criterios establecidos para a promoción pública.

A conselleira defendeu que as políticas públicas de vivenda deben incluír tamén fórmulas destinadas á adquisición en propiedade. “Hai que facilitar o acceso á compra”, sostivo Allegue, que vinculou esta modalidade con outras medidas autonómicas dirixidas a reducir as dificultades para afrontar o desembolso inicial necesario para mercar unha vivenda.

Neste sentido, lembrou o aval autonómico de ata o 20% para cubrir a entrada dunha hipoteca, unha medida que a Xunta presenta como complemento ás promocións públicas destinadas á compravenda.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...