InicioEconomíaZona Franca reformará o catro edificios do VgoTic Global HUB de López...

Zona Franca reformará o catro edificios do VgoTic Global HUB de López Mora, cun investimento de máis de 40 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité executivo da Zona Franca de Vigo aprobou a adxudicación das obras de reforma do Edificio 4 do VgoTIC Global HUB da rúa López Mora, que aloxará á incubadora de Alta Tecnoloxía startTIC. O orzamento ascende a máis de 4,4 millóns de euros, cun prazo de execución de 10 meses.

Por outra banda, o comité deu tamén luz verde á licitación das obras de reforma e urbanización dos edificios 1,2 e 3 nos que se construirá o Centro de Negocios (edificio 1) e o Centro de Excelencia de Aeroespacial e Defensa de Indra (edificio 2), unha vez obtido o visto e prace do Consello de Ministros para acometer a actuación. Neste caso, os traballos terán un prazo máximo de execución das obras de 48 meses, e un orzamento basee de licitación de case 39,7 millóns, resultado de sumar a parte fixa da urbanización e edificios e o importe máximo da parte variable de acondicionamentos, que é de case 3 millóns.

Nun comunicado, Zona Franca lembrou que a incubadora de Alta Tecnoloxía startTIC de impulso ao sector TIC en Vigo ten un cofinanciamento europeo a través de Fondos FEDER do 60% dentro do P.O. Plurirrexional de España 2021-2027 e é unha actuación da Zona Franca de Vigo co Centro Tecnolóxico Gradiant e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Para o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, ambos os acordos, que suporán un investimento de máis de 44 millóns de euros, son “un importante paso adiante para pór en marcha este gran centro tecnolóxico que será referencial no noroeste peninsular”. “Será tamén un modelo no ámbito urbano coa transformación da contorna de López Moura e un espazo favorecedor da innovación, o emprendimiento, a formación e a competitividade do tecido empresarial”, engadiu.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...