InicioEconomíaNace unha nova iniciativa empresarial en Tomiño: unha fábrica de conservas que...

Nace unha nova iniciativa empresarial en Tomiño: unha fábrica de conservas que creará 300 postos de traballo

PUBLICADO O

- Advertisement -

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mantivo hoxe unha reunión cos xestores deste novo proxecto, que funcionará en Vila Nova de Cerveira e suporá o mantemento de 300 empregos.

A alcaldesa, acompañada do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Antonio Tartaglione, recibiu hoxe no Concello a Laura Pernas, Responsable de Organización e Persoas de Atunlo e a Joao Gonçalves, Director de Proyecto de Central Lomera Portuguesa, unha nova fábrica de elaboración de lombos de atún precocidos destinados á conserva que, en breve, abrirá as súas portas no polígono industrial de Fulão, na localidade transfronteiriza de Vila Nova de Cerveira.

Trátase da futura Central Lomera Portuguesa, que comezará a funcionar no mes de xullo próximo. A nova firma ten o respaldo de empresas consolidadas coma Marfrío e Atunlo e significará o investimento de 7.000.000 de euros.

As instalacións, de 6500 metros cadrados, adicaranse á elaboración de lombos de atún
destinados ó mercado de alta gama e terá una capacidade de elaboración de 100 toneladas diarias. Durante o encontro cos responsables municipais, os responsables da nova fábrica, explicaron en detalle as características da empresa, e solicitaron a colaboración do departamento de Emprego do Concello na difusión do proxecto.

A alcaldesa, pola súa banda, acolleu a iniciativa empresarial con satisfacción e comprometeuse derivar ás persoas interesadas que se dirixan ao Concello en busca de emprego. Na reunión, os responsables da fábrica explicaron que o perfil do persoal a contratar, é bastante amplo e, no caso dos operarios e operarias, non require formación previa, xa que esta correrá a cargo da empresa. Tamén seleccionarán técnicos de mantemento, calidade e recursos humanos, entre outros.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...