InicioEconomíaAlexandra Fernández pedirá a comparecencia do ministro Ábalos para que explique a...

Alexandra Fernández pedirá a comparecencia do ministro Ábalos para que explique a situación da saída sur de Vigo

A deputada de En Marea interesouse polo estado da infraestruturas da Eurorrexión durante a reunión co secretario xeral do Eixo Atlántico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alexandra Fernández, deputada de En Marea pola provincia de Pontevedra, pedirá a comparecencia no Congreso do ministro de Fomento, José Luis Ábalos,  para que dea explicacións polo miúdo da situación do proxecto da saída sur de Vigo.

A deputada mantivo este luns unha xuntanza co secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, para interesarse polo estado das infraestruturas da Eurorrexión ao fío da reunión que este tivo co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio e na que se puxo de manifesto a ausencia de datas marcadas para avanzar nos proxectos.

O secretario xeral detallou os resultados da reunión celebrada a pasada semana en Madrid, cos temas prioritarios para o Eixo Atlántico enriba da mesa, entre os que se atopan a saída sur de Vigo e o Corredor Atlántico.

A deputada explicou que o seu grupo leva traballando nos últimos meses na saída sur de Vigo e conseguiron o apoio do PSOE, pero de momento non hai resultados concretos. Así, de cara aos vindeiros orzamentos exixirán ao Goberno socialista compromisos. “Existe xa unha partida para o estudo previo da saída sur, e imos preguntar cal é o estado de cumprimento actual”, indicou Alexandra Fernández.

ÚLTIMAS

En paradero descoñecido dous activistas vigueses a bordo da flotilla a Gaza, logo de seren abordados polo exército de Israel preto de Creta

O que debía ser unha misión humanitaria de solidariedade co pobo palestino converteuse nunha...

Stellantis cae un 7% en Bolsa a pesar de anunciar beneficio neto de 377 millóns

Stellantis iniciou a sesión bursátil deste xoves en París cunha caída do 7,44%, ata...

Identificado o cadáver achado nunha casa okupada de Vigo: era un home de 33 anos

A Policía Nacional identificou o cadáver achado na tarde deste pasado mércores nunha casa...

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...