InicioEconomíaO Salón do Automóbil prepárase para a irrupción de fabricantes chineses

O Salón do Automóbil prepárase para a irrupción de fabricantes chineses

A feira deste ano celebrarase do 12 ao 16 de marzo no Ifevi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do Salón do Automóbil de Vigo prepara a feira deste ano, que se celebrará no Ifevi do 12 ao 16 de marzo, e avanza que os fabricantes chineses irromperán con forza, coa presenza de firmas como Omoda, Jaecoo, BYD, Leapmotor e MG. Nesta edición, a número 34, case 40 marcas estarán presentes no Instituto Feiral de Vigo, con gran variedade de automóbiles, desde os máis punteiros en tecnoloxía eléctrica e híbrida, pasando polos clásicos de combustión gasolinta e diésel.

As grandes protagonistas serán as marcas chinesas, e a organización, Eventos do Motor, apostará por dar un papel relevante á mobilidade do futuro, nun mercado en plena transformación. Nese ámbito, a tecnoloxía e competitividade de empresas chinesas sumaranse aos grandes fabricantes nacionais e internacionais. Así, estarán presentes marcas como Renault, Volkswagen, Tesla, Mercedes, Lexus, Jaguar ou KIA, entre moitas outras, que presentarán as súas últimas innovacións en mobilidade eléctrica.

Ademais da exhibición de vehículos, o Salón contará cunha rede de expertos e profesionais que asesorarán aos visitantes para resolver as súas dúbidas sobre os modelos máis adecuados ás súas necesidades, tanto de coches como de motocicletas. O evento abrirá as súas portas o 12 de marzo e, tanto ese día como o seguinte, o horario será de 16.00 a 21.00 horas. O venres 14, sábado 15 e domingo 16 o Salón abrirá de 11.00 a 20.00 horas.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...