InicioEconomíaTraballadores de Levantina saen á rúa por "un futuro para a compañía"...

Traballadores de Levantina saen á rúa por “un futuro para a compañía” no Porriño

Levantina anunciou a semana pasada a súa intención de iniciar un ERE por causas económicas, organizativas e de produción que afectará a 95 traballadores dos 106 que hai na actualidade no Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de traballadores de Levantina no Porriño saíron este xoves á rúa en protesta polo expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola empresa de pedra natural e para pedir “un futuro para a compañía” na localidade pontevedresa. Convocados polo comité de empresa (formado por tres delegados de cada sindicato: CIG, UGT e CC.OO.), os empregados percorreron as rúas do municipio ata desembocar no Concello, coincidindo coa xornada de folga convocada na firma.

“Non dan opción a ningún tipo de negociación. Unicamente din que a planta do Porriño non lles interesa e que van pechar, deixando só ao persoal comercial e de almacén”, denunciaron desde o comité. Unha vez no consistorio, representantes sindicais mantiveron un encontro co alcalde, Alejandro Lorenzo, “que se comprometeu a facer todas as xestións que estean na súa man”. O rexedor, segundo recolle a CIG nun comunicado, adiantou a posibilidade de que a próxima semana se celebre unha reunión cos responsables do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e posteriormente coa Consellería de Industria.

Todo iso despois de que Levantina anunciase a semana pasada a súa intención de iniciar un ERE por causas económicas, organizativas e de produción que afectará a 95 traballadores dos 106 que hai na actualidade no Porriño. O obxectivo é cesar a súa actividade industrial no municipio. “A compañía viuse abocada a esta situación debido ao impacto crítico na súa viabilidade producido pola crise do sector, derivada da drástica e continuada caída da demanda de pedra natural fronte a outros produtos sustitutivos na última década. O inicio deste proceso de ERE ten como obxectivo adaptar a estrutura de Levgranite á realidade do actual mercado internacional da pedra natural, e especialmente, á decrecente demanda de granito“, indicou a empresa.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...