InicioEconomíaO porto pesqueiro de Vigo bate marca de descargas nun día

O porto pesqueiro de Vigo bate marca de descargas nun día

Nun comunicado, a Autoridade Portuaria destacou esta "extraordinaria xornada", na cal tamén se bateu a marca de bakas de Gran Sol, chegando a 13, "cando normalmente descargan catro ou cinco".

PUBLICADO O

- Advertisement -

porto pesqueiro de Vigo rexistrou esta madrugada marca de descargas nun día, ao contabilizar máis de 230.000 quilos de peixe, que chegaron a bordo de 13 bakas de Gran Sol e dous palangreiros de altura. Nun comunicado, a Autoridade Portuaria destacou esta “extraordinaria xornada”, na cal tamén se bateu a marca de bakas de Gran Sol, chegando a 13, “cando normalmente descargan catro ou cinco”. Tratouse de “todo un reto loxístico” para O Berbés que, grazas á colaboración de todos os usuarios, “logrou sacar adiante unha xornada frenética e na que, ao redor das 10 da mañá, xa estaba todo o xénero vendido”.

“Con prezos habituais para estas datas, os compradores fixéronse con exemplares de pescada, galo, rape ou centolla da mellor calidade, entre outras especies, para encher os mostradores dos principais mercados de abasto da nosa cidade, supermercados, grandes superficies e mercados centrais en Madrid e Barcelona, que serán os encargados de facer chegar o peixe fresco, salvaxe e saudable e marisco do Porto de Vigo a todos os recunchos do país”, reivindicou o Porto.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...