InicioEconomíaO Porto de Vigo supera os 5 millóns de toneladas en tráficos...

O Porto de Vigo supera os 5 millóns de toneladas en tráficos a falta dun mes para pechar o ano

"Atopámonos fronte ao mellor ano do presente século", trasladou este venres o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo logrou superar os 5 millóns de toneladas en tráficos a falta dun mes para pechar o ano, e todos os tráficos soben, tanto no mes de outubro como en datos acumulados, salvo no caso da pesca fresca, debido ao peche da pesqueira de cerco. Así o trasladou este venres o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, na rolda de prensa tras a celebración do Consello de Administración. “Atopámonos fronte ao mellor ano do presente século”, destacou, grazas ao bo comportamento do sector da automoción, a pesca conxelada, os metais ou a froita, entre outras mercadorías.

No mes de outubro, o tráfico total aumentou un 20 %, en máis de medio millón de toneladas, con subidas nos graneis líquidos (+59 %), en graneis sólidos (+13,5 %), mercadoría xeral (+22 %) ou en colectores (+38 %). Tamén experimentou un incremento do 41,75 % a pesca conxelada, mentres que a pesca fresca baixou case un 15 %. Igualmente, os tráficos acumulados nos primeiros dez meses do ano reflicten unha subida de case o 14 %, e destacan as subidas de colectores (+33 %) ou de vehículos (+1,29 %).

“Somos o único porto que sobe en coches en España e levamos xa dous meses consecutivos superando a Barcelona e a Valencia”, destacou Carlos Botana. Por outra banda, o Consello de Administración do Porto deu este venres luz verde a unha prórroga da concesión de Stellantis na terminal de Bouzas, o que garante a súa permanencia no porto “durante os próximos 20 anos”. Esta prórroga está vinculada ao investimento da automobilística en materia de renovables. Así, Stellantis destinará máis de 14 millóns de euros á construción dunha primeira fase dunha planta fotovoltaica na súa concesión de Bouzas, e tamén se construirá un segundo silo para coches.

Botana referiuse tamén ao acordo cos portos de Lisboa e Setúbal, no marco da 19ª Conferencia Mundial Cites & Ports da AIVP, coorganizada e acollida polo Porto de Lisboa esta mesma semana. Este acordo súmase ao alcanzado co porto arxentino de Madryn, que xa recibiu o visto e prace para a súa firma. “Estamos a asinar acordos internacionais con todos os países nos que están presentes os nosos barcos, o que nos sitúa a nivel internacional e é unha garantía de futuro para o sector”, subliñou o presidente do Porto de Vigo.

ÚLTIMAS

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...