InicioEconomíaA patronal galega: "Necesitamos o compromiso do Goberno para que Vigo e...

A patronal galega: “Necesitamos o compromiso do Goberno para que Vigo e Porto estean a 60 minutos en 2030”

Vieites traslada a Allegue as reivindicacións da CEG en infraestruturas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na que presentou as principais preocupacións dos empresarios nas materias competencia deste departamento.

De tal forma, reclama a chegada do tren a Galicia por alta velocidade en tempos razoables ás principais cidades da comunidade, a saída sur de Vigo e a conexión con Portugal, infraestrutura que conta co compromiso do goberno de Portugal, Vigo-O Porto, pero que non ten o mesmo apoio por parte do goberno español, segundo sostén Vieites.

“Necesitamos o compromiso do Goberno español para que en Vigo e Porto estean a 60 minutos e Vigo e Lisboa a 120 minutos no ano 2030. É imprescindible pechar definitivamente a conexión das principais cidades de Galicia coa meseta por Alta Velocidade e conseguir por fin a conexión en tempos razoables: é dicir, na contorna do tres horas”, afirma Vieites. “Contar cun sistema de infraestruturas adecuado en Galicia, é unha condición fundamental para a competitividade das nosas empresas e para o desenvolvemento económico e social do noso territorio”, asegura.

Tamén sinalou que “é inaprazable o pleno despregamento do Corredor Atlántico de Mercadorías”, ademais de que avoga por incorporar tanto a conexión por Vigo-Ourense-Monforte como a da Coruña-Lugo-Monforte (esta última facendo as adaptacións necesarias na vía, entre outras a súa electrificación)”.

Durante a reunión, tamén se abordaron a situación da liña de ancho métrico Ferrol Ribadeo ou a situación do Plan Director do Corredor Atlántico: “Do que descoñecemos aínda o seu contido completo e no que é imprescindible contar cos empresarios e as súas organizacións tanto para o deseño como para a implementación e seguimento a través dunha mesa específica”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...