InicioEconomíaEmpregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir "un convenio digno" ante a...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este venres á rúa para demandar “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións coa empresa.

A concentración levou a cabo á primeira hora desta mañá diante das instalacións de Vitrasa, na estrada de Camposancos, debido á “parálise” na negociación do convenio, que leva caducado case catro anos.

Nun comunicado, a CIG, que preside o comité, lembrou que fai sete meses que finalizaron as mobilizacións, tras alcanzar un acuerco co obxectivo de retomar unha negociación que permitise desbloquear o conflito. A empresa pediu no seu día que necesitaba recuperar viaxeiros e cobrar o reequilibrio polas perdas derivadas da pandemia.

A día de hoxe estas premisas cumpríronse: os viaxeiros xa son os mesmos ou máis que antes da pandemia, cun gasto menor para a empresa, xa que hai bastantes menos expedicións e un prezo de billete un 16% máis caro”, apuntan desde a organización sindical, indicando que Vitrasa recibiu uns 18 millóns de euros de compensación.

Tras máis de 30 reunións, nunca se chegou a un acordo para o convenio e no último encontro Vitrasa comunicou que non podía mellorar a súa oferta, polo que non propuxo outra data. Por todo iso, traballadores saíron este venres á rúa.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...