InicioEconomíaStellantis parará de novo parte da súa produción durante polo menos sete...

Stellantis parará de novo parte da súa produción durante polo menos sete días en outubro

Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varios paróns por circunstancias parecidas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección de Stellantis Vigo informou este luns durante unha reunión co comité de empresa de que prevé parar parte da súa produción durante polo menos sete días en outubro e o 30 de setembro por problemas de aprovisionamento de pezas. Segundo asegurou UGT nun comunicado, a compañía automobilística trasladoulles que o Sistema 1, que ensambla os Peugeot 2008, non operará en ningunha quenda os días 28, 29, 30 e 31 de outubro, mentres que non traballarán as quendas de mañá e de tarde na devandita liña de produción o 30 de setembro, 4, 7 e 11 de outubro.

Ademais, a quenda de noite non terá actividade ningún venres de outubro nos dous Sistemas e no Sistema 1 tampouco haberá os domingos 6 e 27. Entre outros anuncios, Stellantis Vigo espera operar na quenda de fin de semana o sábado 12 de outubro, pero non o venres 1 de novembro. A pesar da “sorpresa” de UGT por “tantas paradas” do Sistema 1, Stellantis Vigo explicoulles que un provedor avisou de problemas e ante estas, adaptouse a produción, “sempre tendo en conta que en caso de mellorar a situación habilitaríanse de novo como laborables os días que fose necesario”. Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varios paróns por circunstancias parecidas.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...