InicioEconomíaCC.OO. denuncia o abandono do servizo de repartición no Rosal, Tomiño e...

CC.OO. denuncia o abandono do servizo de repartición no Rosal, Tomiño e A Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

CCOO denuncia a situación de abandono da repartición no Baixo Miño provocada pola falta de contratación para suplir as vacacións do persoal de Correos. Con porcentaxes de entre o 50 e o 70 por cento do persoal de repartición ausente por vacacións, o operador público decidiu non cubrir os postos con traballadores eventuais. 

Os traballadores da cartería de Goian, cartería que cobre os concellos do Rosal e Tomiño, xa se concentraron o pasado 12 de xullo, denunciando a falta de contratación e contra as excesivas “recargas” (zonas de repartición que asumen os carteiros en ausencia doutros compañeiros). O persoal advertía do caos que se podía producir ao chegar agosto, sen contratación e cun maior número de traballadores de vacacións. 

“Correos, lonxe de considerar a reclamación do persoal, continuou coa súa política de recortes“, denuncia o sindicato. Este 26 de agosto, as 14 zonas de repartición, nas que están divididos os concellos do Rosal e Tomiño, están cubertas unicamente por 6 traballadoras. No Rosal, a situación é aínda máis complicada, con só un efectivo dos 5 necesarios. Na Guarda o aumento estival de poboación agrava aínda máis o problema, provocando que se estean acumulando gran cantidade de envíos (máis de 800 notificacións) e que os carteiros estean a saír a repartición cos carros desbordados de paquetes e outros envíos postais, segundo a central sindical. 

“Os poucos traballadores/as dispoñibles no sur da comarca do Baixo Miño, entre 10-13 para máis de 30.000 habitantes, están sometidos a moita presión debido á imposibilidade de asumir unha carga de traballo tan desproporcionada”, critica. CCOO esixe a Correos a contratación de máis persoal para aliviar a carga de traballo que asume o persoal e así garantir o servizo á cidadanía. De non producirse un cambio de rumbo convocaranse novamente mobilizacións sen descartar ningún escenario.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...