InicioEconomíaInmobles de Vigo beneficiados por 13,8 millóns en axudas de eficiencia enerxética

Inmobles de Vigo beneficiados por 13,8 millóns en axudas de eficiencia enerxética

Durante o período 2021-2023, programas da Xunta concederon 663 axudas que beneficiaron a 7.476 vivendas en Galicia, cun investimento total de 89 millóns de euros. Estas iniciativas son fundamentais para promover unha transición cara a vivendas máis ecolóxicas e responsables ambientalmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo este luns un encontro cos veciños do edificio número 177B da travesía de Vigo, inmoble no que se executaron obras de mellora de eficiencia enerxética ao amparo da liña de axudas a nivel Edificio que puxo en marcha a Xunta con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Martínez Allegue comprobou os traballos realizados no inmoble para mellorar a envolvente térmica e realizar reparacións nas fachadas e na accesibilidade do portal, financiados cunha achega de 185.600 euros da Xunta no 2023, co obxectivo de reducir o gasto enerxético en máis dun 50%. Tamén o bloque A de este inmoble recibira outra axuda no 2019.

A do edificio da travesía de Vigo é unha das 61 axudas que a Administración autonómica concedeu entre 2021 e 2023 na cidade de Vigo a través da liña Edificio e que beneficiaron a 1.230 vivendas, cun investimento de 13,8 millóns. “Para nós é unha satisfacción comprobar como estas axudas que ofrecemos desde a Administración axudan ás comunidades e á cidadanía a continuar avanzando no campo da eficiencia enerxética e no obxectivo máis amplo de conseguir unha contorna máis ecolóxica e responsable”, dixo a conselleira.

Na comunidade galega, a través desta liña de Edificio, concedéronse no citado período 2021-2023 un total de 663 axudas, das que se beneficiaron 7.476 vivendas, por importe de 89 millóns. Ademais, na liña de axudas do programa Vivenda, foron un total de 2.539 axudas por 7 millóns de euros, mentres que no programa para elaboración do Libro de Edificio e Redacción de Proxectos de Rehabilitación foron 645 axudas para 9.043 vivendas, por 3,8 millóns.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...