InicioSociedadeA CIG denuncia o peche de 72 horas do parque de bombeiros...

A CIG denuncia o peche de 72 horas do parque de bombeiros de Coruxo e pide a Caballero que “non xogue coa seguridade”

Para a CIG, o goberno local e o alcalde, Abel Caballero, pasarán á historia pola "dubidosa honra" de ter o parque de Coruxo pechado durante 72 horas por falta de bombeiros e por "incumprir de maneira reiterada os mínimos aprobados pola propia corporación municipal para a prestación do servizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG volveu a denunciar un peche do parque de bombeiros de Coruxo, en Vigo, marcando así unha nova “marca” ao permanecer inactivo durante 72 horas por “falta de persoal”. Segundo sinalou a organización sindical nun comunicado, desde as 22.00 horas do pasado xoves ata as 22.00 horas deste domingo o parque de Coruxo estivo pechado.

Para a CIG, o goberno local e o alcalde, Abel Caballero, pasarán á historia pola “dubidosa honra” de ter o parque de Coruxo pechado durante 72 horas por falta de bombeiros e por “incumprir de maneira reiterada os mínimos aprobados pola propia corporación municipal para a prestación do servizo”.

Por iso, fixo un chamamento ao rexedor, “que dedica tanto tempo e enerxía a eventos de proxección mediática”, para que resolva o problema de persoal que existe, ao seu xuízo, no servizo de bombeiros de Vigo para que “deixe de xogar coa seguridade dos cidadáns e dos propios integrantes do servizo”.

O sindicado insistiu en que o goberno municipal “non está a abordar coa dilixencia necesaria a precaria situación na que se atopa o servizo de extinción de incendios” e lembrou que as bases da oferta de emprego dos anos 2020, 2021 e 2022 continúan “á espera de ser publicadas”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...