InicioEconomíaStellantis volverá parar parte da súa produción durante dúas quendas por falta...

Stellantis volverá parar parte da súa produción durante dúas quendas por falta de pezas

No que vai de ano, a compañía tivo que deter as súas liñas e produción en incontables ocasións por falta de pezas, do mesmo xeito que xa vén ocorrendo nos últimos anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fábrica viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar parte da súa produción durante a quenda de noite deste xoves, día 13, e na quenda de mañá do venres por falta de pezas. En concreto, segundo informou a empresa aos traballadores, será o Sistema 1, onde se ensambla o Peugeot 2008, o que permanecerá sen actividade durante dúas quendas.

“Por causa de forza maior, debido a dificultades de aprovisionamento, suspéndese a actividade do Sistema 1 nas quendas de noite do xoves 13 de xuño e de mañá do venres 14”, indicou a compañía. Desta maneira, unha vez máis Stellantis Vigo vese obrigada a parar por problemas loxísticos. No que vai de ano, a compañía tivo que deter as súas liñas e produción en incontables ocasións por falta de pezas, do mesmo xeito que xa vén ocorrendo nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...