InicioEconomíaGestamp no Porriño, unha das tres empresas galegas beneficiadas polo Perte de...

Gestamp no Porriño, unha das tres empresas galegas beneficiadas polo Perte de descarbonización

Contará con 3,8 millóns de axuda para o obxectivo do proxecto tractor de descarbonizar totalmente a planta de produtos de automoción do Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ministerio de Industria anunciou este martes a aprobación provisional das primeiras 19 resolucións do Proxecto Estratéxico (Perte) de descarbonización industrial, tres das cales se desenvolverán en Galicia por valor de 18 millóns de euros. En concreto, trátase das plantas de Ferroglobe en Arteixo, Resonac na Coruña e Gestamp no Porriño. O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, aproveitou a 12ª Xornada Anual de Enerxía de Esade para anunciar a aprobación provisional destes proxectos por valor de 96 millóns de euros en toda España.

No tocante a Gestamp Vigo S.A., que contará con 3,8 millóns de axuda, o obxectivo do proxecto tractor é descarbonizar totalmente a planta de produtos de automoción do Porriño. Para iso, vaise a instalar unha nova liña de cataforesis (KTL) completamente eléctrica que substituirá á actual que é consumidora de gas natural. Tamén se investigará en novas solucións tecnolóxicas, coa aplicación de modelos baseados en intelixencia artificial, para obter un Modelo Virtual Intelixente (MVI) co que reducir significativamente os consumos enerxéticos de todos os procesos.

PERTE

Así, as primeiras 19 aprobacións provisionais da liña 1 do Perte (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) van permitir mobilizar máis de 307 millóns de euros de investimento total no país. A liña 1 de axudas de actuación integral para a descarbonización apoia as actuacións levadas a cabo polas industrias nacionais para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, incluíndo a descarbonización de fontes de enerxía coa electrificación de procesos e a incorporación de hidróxeno; xestión enerxética integral de procesos industriais; redución do uso de recursos naturais ou a captura de carbono, entre outras liñas de actuación.

Está dotada con 1.000 millóns de euros, 500 millóns en subvencións e outros 500 millóns en préstamos. Está previsto lanzar unha segunda convocatoria da liña 1 ao longo do segundo semestre do ano 2024. En concreto, os 19 proxectos que recibiron subvencións son os das empresas Acor, Biotérmica Billanueva, Carnes y Vegetales, Cementos Tudela Veguín, Cemex (2), Cervezas Mahou, Cítricos del Andarax, Ederfil Becker Koop, Ence, Enso Esco (2), Ferroglobe Spain Metals, Gestamp (2), Industrias Peleteras, Resonac Graphite Spain, Solvay Química, e Zukan.

A maior subvención, con 50 millóns de euros, máis da metade de todo o asignado, recibiuna Enso Esco, para as súas plantas de Olmedo (Valladolid) e Torrelavega (Cantabria) e o desenvolvemento da biomasa. A continuación, figura Ferroglobe, con 11,7 millóns de euros, para a súa planta en Arteixo, con proxecto de construción dun forno ou reactor vertical eléctrico de biocarbón, co obxectivo de substituír o carbón de orixe fósil por carbón vexetal no proceso de obtención do silicio.

Desde o Ministerio de Industria e Turismo apuntan que as aprobacións servirán para impulsar unha economía máis sustentable, centrándose na redución de emisións de carbono no sector industrial a través do uso de tecnoloxías innovadoras e prácticas ‘ecoeficientes’. “Hai vida máis aló dos Perte, máis aló de 2026”, subliñou Hereu desde a sede de Madrid de Esade. O ministro cre que hai que pensar máis aló de 2026, posto que haberá moitos retos que “non terminariamos”.

ÚLTIMAS

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...