InicioEconomíaO barrio de Canido, a zona máis caras para comprar unha vivenda...

O barrio de Canido, a zona máis caras para comprar unha vivenda en Galicia: a 3.383 euros o metro cadrado

O barrio vigués de Canido-Coruxo, a Cidade Vella da Coruña e Sanxenxo son as zonas máis caras para adquirir unha vivenda en Galicia, segundo o Informe de Mercado de Engel & Völkers 2023-24, que recolle toda a información das vivendas comercializadas pola inmobiliaria de luxo alemá na Comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O barrio vigués de Canido-Coruxo, a Cidade Vella da Coruña e Sanxenxo son as zonas máis caras para adquirir unha vivenda en Galicia, segundo o Informe de Mercado de Engel & Völkers 2023-24, que recolle toda a información das vivendas comercializadas pola inmobiliaria de luxo alemá na Comunidade.

En concreto, o distrito Canido-Coruxo de Vigo ten un prezo medio de 3.383 euros o metro cadrado, sendo o custo máis elevado en Galicia. A esta zona séguelle a Cidade Vella da Coruña, con 3.200 euros o metro de media, mentres que no ensanche da cidade herculina sobe aos 3.000 euros. En Sanxenxo, o custo medio do metro cadrado é de 3.029 euros. Outras zonas como Areal de Vigo contan cun elevado custo da vivenda, con 2.802 euros o metro de media, mentres que Baiona alcanza os 2.662 euros, algo máis que Pescadería, na Coruña, con 2.600 euros, aínda que Cidade Xardín está en 2.900 euros.

“O mercado inmobiliario galego está composto na súa maioría por compradores nacionais, principalmente familias. A presenza máis destacada de estranxeiros atópase en Santiago de Compostela, onde realizaron o 7 % das operacións pechadas por Engel & Völkers en 2023 fronte a un 5 % de Vigo e un 2 % da Coruña. Vigo é, pola súa banda, onde máis operacións se realizaron sen necesidade de hipoteca ata alcanzar o 58 % das operacións asinadas por Engel & Völkers na cidade”, indicou a compañía.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...