InicioEconomíaAcredores de Fandicosta validan os plans de Wofco e reestruturarán a débeda...

Acredores de Fandicosta validan os plans de Wofco e reestruturarán a débeda para pechar a venda

Fandicosta entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro. Na actualidade atópase en pleno proceso de venda a Wofco, despois de ser a oferta seleccionada para dar continuidade á compañía. Precisamente esta oferta de compra inclúe o mantemento do 90 % do persoal produtivo de Fandicosta, que supón un 75 % do total de traballadores da empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bancos acredores da pesqueira galega Fandicosta validaron este pasado martes o plan de compra presentado pola multinacional pesqueira Wofco, polo que agora é a quenda de reestruturar a débeda da compañía para poder pechar definitivamente a venda. Así o trasladou a Xunta ao comité de empresa, despois de que levase a cabo un encontro coas entidades financeiras, no cal estas non puxeron oposición algunha sobre os plans de Wofco.

Fontes sindicais indicaron que agora é o momento de reestruturar a débeda para finalizar a adquisición. “Temos ata o 12 de abril como prazo máximo do preconcurso para pechar todo o procedemento”, engadiron. Todo iso tras coñecerse hai semanas que a compañía ampliaría tres meses máis o seu preconcurso de acredores para negociar a súa débeda e culminar así o seu proceso de venda á multinacional Wofco, despois de que a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (de titularidade autonómica) aprobase a venda (xa que a Xunta posúe máis do 12 % das accións). Tamén o actual propietario de Fandicosta deu o visto e prace á transacción.

Fandicosta entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro. Na actualidade atópase en pleno proceso de venda a Wofco, despois de ser a oferta seleccionada para dar continuidade á compañía. Precisamente esta oferta de compra inclúe o mantemento do 90 % do persoal produtivo de Fandicosta, que supón un 75 % do total de traballadores da empresa, debido a que moitos postos de dirección e de confianza poderían ser susceptibles de cambio por parte dos novos propietarios. Con todo, o Executivo galego trasladou aos sindicatos que a intención da compradora é manter á maioría dos empregados e mesmo aumentar os postos de traballo.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...