InicioEconomíaVitrasa denuncia "ataques persoais" a empregados que non secundan a folga

Vitrasa denuncia “ataques persoais” a empregados que non secundan a folga

O último ataque coñecido foi a picada das catro rodas do coche particular dunha empregada, que estaba estacionado nas inmediacións da sede de Vitrasa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, denunciou “ataques persoais” a empregados que non secundan a folga. Nun comunicado, a empresa asegurou que, desde que comezou o paro indefinido, parte dos seus traballadores sufriron “ataques violentos” e unha “persecución sistemática” que “coarta a súa liberdade”. En concreto, explicou que o último ataque coñecido foi a picada das catro rodas do coche particular dunha empregada, que estaba estacionado nas inmediacións da sede de Vitrasa.

“Ademais destes danos materiais, esta traballadora tamén sofre de forma constante o acoso á entrada e saída do seu posto de traballo, chegando ata a tentar bloquear a súa entrada para exercer o seu lexítimo dereito a traballar”, lamentou a concesionaria, que indica que preto dunha decena dos seus empregados manifestan estar sometidos a esta “persecución”, “moitos deles mesmo cando están a secundar a folga e son chamados a realizar servizos mínimos”.

A firma engadiu que, nalgunha ocasión, este “acoso” produciuse con viaxeiros a bordo dos autobuses e mesmo nun local frecuentado por traballadores, onde un empregado foi insultado publicamente por non secundar a folga. “Pola profunda violencia deste acoso sistematizado, moitos se viron obrigados a deixar de presentarse no seu posto de traballo e secundar a folga”, apostilou a compañía.

Os traballadores de Vitrasa levan anos protestando pola situación laboral que viven, debido a que o convenio colectivo caducou fai xa tres anos, manténdoselles o soldo conxelado desde esa data, pese ao incremento do prezo da vida tras a pandemia e da propia subida dos billetes de bus. Precisamente este próximo sábado, día 24 de febreiro, o comité de empresa convocou unha nova manifestación en Vigo, que comezará ás 18.30 horas en Praza de España para pedir unha solución ao conflito.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...