InicioEconomíaGRI Renewable Industries informa á Xunta do seu proxecto para as antigas...

GRI Renewable Industries informa á Xunta do seu proxecto para as antigas instalacións de Ganomagoga en Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesís Lorenzana, mantivo este martes un encontro de traballo con directivos de GRI Renewable Industries, que lles trasladaron os seus plans para as antigas instalacións de Ganomagoga en Ponteareas, tras a súa adquisición. Lorenzana informou á empresa das ferramentas que a Xunta pon a disposición do tecido empresarial para “acompañalo e asesoralo” nas súas iniciativas, medidas como a Oficina Económica de Galicia ou os plans de dinamización industrial.

Ademais, a conselleira mostrou a súa “satisfacción” polo mantemento da actividade industrial nesas instalacións, da man dunha empresa con máis de 15 anos de experiencia no sector eólico, e que conta con 18 fábricas e presenza en 8 países (ademais de dar emprego a 400 persoas en Galicia). María Jesús Lorenzana destacou, así mesmo, o papel de GRI Renewable Industries no desarollo de enerxías verdes e na dinamización da industria asociada a este sector.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...