InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa lembran ao goberno de Vigo que as manifestacións as...

Traballadores de Vitrasa lembran ao goberno de Vigo que as manifestacións as convocan 4 sindicatos e non só a CIG

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa lembrou este mércores ao goberno de Vigo que as manifestacións enmarcadas na folga dos traballadores da compañía son convocadas por ata catro sindicatos e non só pola CIG. Nun comunicado, os empregados da concesionaria do transporte urbano da cidade olívica responderon ás declaracións do portavoz do goberno local, Carlos Font, que volveu insistir en que é o BNG e a CIG quen está detrás dos manifestantes, a pesar de que as concentracións as organiza tamén CC.OO., UGT e USO, xunto coa CIG.

“Novamente debemos lembrar a Font que o comité de empresa de Vitrasa está conformado por catro grupos sindicais ben diferenciados e con ideas propias e que ningún destes grupos ten unha maioría absoluta para tomar decisións unilateralmente sen acordar co resto, ao contrario do que ocorre no Concello de Vigo“, subliñou o comité.

Por iso, pediron ao goberno local que deixe de “verter mentiras” sobre Vitrasa. “Precisamente é no Concello de Vigo onde non se teñen en conta as ideas, reclamacións e propostas realizadas por outros grupos minoritarios, impedindo aos representantes dunha parte importante da cidadanía expresar os desexos dos seus representados“, engadiron.

Os empregados afearon o comportamento dos socialistas vigueses, que se sitúan “moi lonxe dos obreiros” e “moi preto dunha empresa privada” que ten unha concesión pública “outorgada a dedo estes últimos 5 anos”. O comité tamén lamentou que a empresa pretenda que se desconvoque a folga “sen ofrecer nada a cambio”.

NOVOS ATAQUES A BUSES

Precisamente tamén este mércores Vitrasa volveu a informar de novos ataques vandálicos a catro dos seus autobuses, sumando xa 28 vehículos danados desde o comezo da folga indefinida, o pasado 25 de novembro. En concreto, nun dos ataques había un usuario a bordo “que estivo a piques de ser alcanzado por un proxectil”, segundo denuncia a empresa nun comunicado, estimando os custos en 27.000 euros desde novembro.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...