InicioEconomíaO Concello de Vigo destinou o pasado ano 1,3 millóns a axudas...

O Concello de Vigo destinou o pasado ano 1,3 millóns a axudas de emerxencia, que beneficiaron a 5.000 persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo pechou 2023 cun total de 1,3 millóns de euros destinados ás chamadas axudas de emerxencia social, que beneficiaron a 5.000 persoas, segundo subliñou este mércores o alcalde, Abel Caballero. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico informou de que o goberno local aprobou, na última comisión do ano, novas axudas por importe de 25.511 euros, destinadas a apoiar a 74 vigueses e viguesas.

A maior parte das axudas deste último lote, 51, destináronse a solucionar problemas de vivenda; mentres que 21 axudas foron para gastos de luz e auga; e outras dúas para óptica. Caballero lembrou que estas axudas con compatibles co Ingreso Mínimo Vital. Por outra banda, explicou que a última Xunta de Goberno de 2023 deu luz verde á subida das axudas de ‘bonotaxi’ que perciben as persoas maiores con mobilidade reducida.

Así, os veciños maiores con rendas de ata 800 euros ven incrementada a axuda en 100 euros e disporán dun máximo de 400 euros anuais; os beneficiarios con ingresos ata 1.100 euros contarán cun aumento de 75 euros e terán un máximo de 275 euros anuais; e os perceptores de ingresos ata 1.500 euros suman un incremento de 50 euros, cun máximo anual de 150 euros. No ano 2023, o Concello de Vigo destinou 17.300 euros para subvencionar o ‘bonotaxi’ para persoas maiores que usan este medio de transporte para acudir a citas sanitarias, realizar xestións ou visitar a familiares. O prazo de solicitude desta axuda está aberto todo o ano, e non hai listas de espera para acceder á subvención.

ÚLTIMAS

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...