InicioEconomíaAnpas critican a "decisión unilateral" do Concello de "privatizar" ao persoal de...

Anpas critican a “decisión unilateral” do Concello de “privatizar” ao persoal de conserxería dos colexios

A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) criticaron este luns a “decisión unilateral” do Concello de “privatizar” o servizo de conserxería dos colexios da cidade. A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.

“Non parece de recibo que se privatice. O conserxe é algo máis que a persoa que abre e pecha a porta”, reivindicou Salvande, insistindo en que había moitas persoas nas listas públicas para ser chamadas “e agora o Concello decidiu privatizar o servizo. É unha barbaridade”.

Tal como explicou, ata a data as vacantes estaban a ser cubertas por persoal temporal, porque non se sacou unha nova oposición. Con todo, segundo a presidenta de Foanpas, agora a nova lexislación non permite estas contratacións, polo que “no canto de sacar estas prazas a concurso, privatízase o servizo”. Por todo iso, desde a Federación convocouse unha concentración o vindeiro xoves ás 11.30 horas diante do colexio Islas Cíes, no barrio de Coia, para protestar por esta situación.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, […]

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...