InicioEconomíaNova concentración en protesta polos despedimentos en Metalships, na décima xornada de...

Nova concentración en protesta polos despedimentos en Metalships, na décima xornada de folga indefinida

Polo momento, non se pechou ningún acordo, e os sindicatos expuxeron varias alternativas para reverter os despedimentos, desde a aplicación dun ERE a baixas incentivadas. A empresa, pola súa banda, abriuse a considerar a readmisión de dous empregados, aínda que sen ofrecer nada concreto e as partes quedaron emprazadas a unha nova reunión este xoves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores do estaleiro Metalships&Docks de Vigo volveron a concentrarse este mércores, nunha nova xornada da folga indefinida, para esixir a readmisión dos operarios despedidos e para denunciar o “desmantelamento” da empresa, e déronse cita ás portas do estaleiro Rodman, que pertence ao mesmo grupo empresarial, propiedade de Manuel Rodríguez.

O conflito no estaleiro mantense, e xa suma unha decena de días de paro indefinido, aínda que nas últimas horas o persoal permitiu a entrada nas instalacións de Teis para a retirada dos residuos no buque L’Audace, da naviera Suardíaz, e que se atopa na bancada para traballos de reparación e mantemento. Mentres, empresa e comité de folga reuníronse dúas veces nos últimos días en Santiago, coa mediación da Xunta e ao amparo de AGA, para buscar unha solución extraxudicial a este conflito.

Polo momento, non se pechou ningún acordo, e os sindicatos expuxeron varias alternativas para reverter os despedimentos, desde a aplicación dun ERE a baixas incentivadas. A empresa, pola súa banda, abriuse a considerar a readmisión de dous empregados, aínda que sen ofrecer nada concreto e as partes quedaron emprazadas a unha nova reunión este xoves.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...