InicioEconomíaSanción a unha concesionaria polo peche "inxustificado" de dúas gasolineiras municipais en...

Sanción a unha concesionaria polo peche “inxustificado” de dúas gasolineiras municipais en Ponteareas

A empresa incorreu "nun incumprimento por non permanecer abertas ao público todos os días do ano con atención de persoal, non automatizada, nun horario mínimo de 07,30 a 23,30 horas", lembra o concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas sancionou á empresa adxudicataria da xestión de dúas gasolineiras de titularidade municipal por incorrer “nun incumprimento dunha condición esencial do contrato, que sinala que as gasolineiras deberán permanecer abertas ao público todos os días do ano con atención persoal, non automatizada, nun horario mínimo de 07,30 a 23,30 horas“, lembra o concello.

A empresa adxudicataria abonou por adiantado dous anos de canon por un importe de 360.000 euros. Con todo, tras o peche das gasolineiras da estrada de Mondariz e da estrada das Neves, asegurou que se trataba “dun feito puntual por problemas conxunturais que previran resolver en breve prazo”.

Nese momento o Concello de Ponteareas iniciou a tramitación do expediente que leva agora a unha sanción económica de 6.000 euros por dúas infraccións moi graves de incumprimento de contrato. Agora, procederase a abrir un expediente de extinción de contrato e a adxudicar o servizo á empresa que quedou en segundo lugar na licitación, que deberá ingresar novamente o canon.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...