InicioEconomíaAena non reparará por completoa pista de Peinador ata 2024

Aena non reparará por completoa pista de Peinador ata 2024

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aena licitou por 263.000 euros as obras de adecuación da cabeceira 19 da pista do Aeroporto de Vigo, que consistirán no reforzo e asfaltado do firme. Esta reparación “puntual” levarase a cabo nun espazo de 240 metros de lonxitude por 20 de ancho e está prevista para finais de maio ou principios de xuño, en dúas noites non consecutivas. Eses días, a operativa regular de Peinador non se verá afectada e os traballos iniciaranse tras o despegue do último voo programado.

“Aena tomou a decisión de levar a cabo esta actuación de forma previa a unha obra de maior envergadura, como é a rexeneración completa do firme da pista”, explicou a empresa. Na actualidade, xa traballa na redacción do proxecto da mencionada rexeneración da pista. A súa licitación está prevista para o verán, co obxectivo de comezar a obra a mediados de 2024.

“A obra de repavimentación do firme da pista ten unha complexidade especial, posto que se trata dunha rexeneración profunda da pista. Ten implicacións operativas e é necesario coordinar con todos os axentes implicados na actividade aeroportuaria con antelación“, indicou Aena. O anuncio chega despois de que no último ano Peinador sufrise varios paróns da súa actividade debido á aparición de fochas na súa pista, o que impide o tránsito de avións.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...