InicioSociedadeA Xunta licita por máis de 875.000 euros o aparcadoiro disuasorio de...

A Xunta licita por máis de 875.000 euros o aparcadoiro disuasorio de Domaio, en Moaña

Contará cun total de 75 prazas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta licita por máis de 875.000 euros as obras de construción do aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido, asociado á implantación de zonas de baixas emisións, na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no Concello de Moaña (Pontevedra).

Así, este martes recóllese na Plataforma de Contratos Públicos da Xunta o inicio da contratación do primeiro dos aparcadoiros disuasorios proxectados pola Xunta no Morrazo, co obxectivo de mellorar a mobilidade entre os núcleos desta comarca e as áreas de Vigo e Pontevedra.

As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 17 de abril para presentar as súas ofertas, sendo o obxectivo comezar os traballos no verán, segundo indicou o Goberno galego nun comunicado.

Este aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, dúas delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida e tres puntos de recarga para vehículos eléctricos.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, […]

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...