InicioDeportes"Vigo segue optando e quere ser sede do próximo Mundial de Fútbol...

“Vigo segue optando e quere ser sede do próximo Mundial de Fútbol 2030”

O Concello estudará todos os requisitos da FIFA.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo informou de que estudará todos os requisitos para ser sede do próximo Mundial de Fútbol 2030, do que a cidade quere formar parte.

O Concello referiuse á candidatura conxunta entre España e Portugal para acoller o Mundial, na cal Balaídos podería ser unha das sedes onde se xogaría algún dos partidos.

Precisamente, este xoves levouse a cabo unha reunión en Las Rozas (Madrid) coa presenza do presidente e secretario da Federación Española de Fútbol, un representante do Consello Superior de Deportes e a participación dun técnico do Concello de Vigo, entre outros representantes de máis cidades candidatas.

No encontro, trasladáronse as condicións necesarias para que os estadios poidan ser sedes dos partidos do Mundial, polo que ata finais de novembro ábrese o prazo para asinar o compromiso de cada unha das sedes, 11 en toda España.

“Estudaremos todos os requisitos en detalle pero esta reunión, que foi a primeira toma de contacto, serviu para pór de manifesto que Vigo segue optando e quere ser sede do próximo Mundial de Fútbol 2030”, sentenciou o Concello.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...